Friday 17 de May de 2024

O programa “Coidados Porta a Porta” regresa á Laracha en novembro


Os interesados en beneficiarse desta iniciativa da Consellería de Política Social deben reservar cita previa gratuíta por teléfono ou correo electrónico.

A caravana do programa de servizos asistenciais Coidados porta a porta estará na praza Les Sables d’Olonne da Laracha os días 3, 6 e 7 de novembro.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos residentes en municipios rurais e previr a dependencia nese grupo de idade.

Para ter unha cita gratuíta é preciso solicitala previamente, ben vía telefónica chamando ao 622 748 283 ou ao 623 546 992, ou ben enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. O prazo ábrese mañá martes.

Esta é a terceira vez que o programa Coidados porta a porta está na Laracha despois de ter nas dúas ocasións anteriores unha excelente acollida e valoración por parte da veciñanza.